4.10.17

Este domingo en Ribadeo, Disfuncion Continua con DEPARTAMENTO DE SELECCIÓN

Ribadeo acolle esta fin de semana a Mostra de Teatro Daniel  Cortezón e contará coa participación do grupo das Figueiras, co Batán de Cangas e Disfunción Continua da Estrada. A obra que presenta a compañía estradense é a nova produción estreada no mes de xullo,  "Departamento de Selección" Non se trada dunha comedia propiamente senón nunha desas pezas que provocan no espectador diferentes reflexións, con tons irónicos e mesmo dramáticos, un grupo de persoas acceden a unha entrevista de traballo para entrar a traballar nunha multinacional, pero a dureza das entrevistas sacará o mellor de cada personaxe, poñendo en escena unha reflexión sobre os valores da vida moderna. 
A seguinte función destra produción será o18 de novembro en Aguiño (Ribeira)
Dirixida por Jouse García, conta no reparto con Rosa López, Clara Iglesias, María Porto, Bea del Río e Natalia Carbajal. A parte técnica correspóndelle a Miguel Ares.






4.7.17

Disfunción Continua estrea "Departamento de Selección":::

Será o vindeiro domingo 9 de xullo ás 20.30h na Casa da Cultura de Antas de Ulla (Lugo) Desta volta Disfunción Continua Teatro entra de cheo na voráxine do mundo laboral. É unha obra pensada para o público adulto e na que unha serie de personaxes encaran un proceso de selección de persoal. Pero non vai ser  nada doado porque as probas de acceso ao traballo convértense nun xogo cruel e perverso, onde o cinismo, egoísmo a intolerancia e falta de empatía se van converter nas súas armas. Ao público tócalle a parte de decodificar os comportamento das personaxes, non só en canto á reflexión sobre o comportamento humano senón tamén da sociedade de mercado na que nos tocou vivir. Aínda que a dinámica xera momentos máis divertidos e cómicos, tamén ten un cariz dramático, deses que fan un nó na gorxa; a deshumanización á que nos avoca o capitalismo, convertíndonos en inimigos e duros competidores, dispostos á loita salvaxe na que o todo vale está á orde do día.
Dirixida por Jouse García conta no seu elenco coas seguintes actrices: Clara Iglesias, María Porto, Natalia Carbajal, Beatriz del Río e Rosa López. A parte técnica correspóndelle a Miguel Ares. Esta obra ten unha duración aproximada de 80 min. Polo momento, ademais da estrea, está tamén confirmada a presenza de "Departamento de Selección" no Auditorio do Conservatorio de Aguiño (Ribeira) o vindeiro 18 de novembro.


25.4.17

TEIMAS EN CALLOBRE O PRÓXIMO SÁBADO 6 DE MAIO :::

O sábado da próxima semana, o 6 de maio de 2017 o TELECLUBE DA COMEDIA leva TEIMAS ao Centro Social de Callobre. A función será ás 20.30h e a entrada gratuíta. Trátase dunha comedia interpretada por DISFUNCIÓN CONTINUA TEATRO  e que conta a historia dunha consulta psiquiátrica á que van chegando pacientes con distintas teimas. Agardan polo Dr Teixeiro, toda unha eminencia no mundo da terepia dete tipo de doenzas. Na sala de espera iremos coñecendo as súas vidas, inquedanzas, esperanzas, ilusións... A función ten unha duración de 80 minutos e está dirixida por Jouse García. No elenco contan con coñecidos actores da Estrada coma  María Porto no papel de Camila, Clara Iglesias como  Branca, Beatriz del Río no papel de María, Rosa interpreta a  Lilí,  Natalia Carbajal é  Ana,  Gonzalo Valcárcel dálle vida ao personaxe de  Fred e Manuel Rosende  interpreta ao axudante do Dr Teixeiro, no apio técnico de son e luz contan  con Miguel Ares.

6.12.16

Teimas en Portas, así comeza o nadal...

O pasado domingo o auditorio do Centro Cultural A Azucreira de Portas encetaba a súa programación de Nadal coa representación de Teimas por parte da nosa compañía DISFUNCIÓN CONTINUA TEATRO. Un centenar de persoas foron cómplices cos personaxes desta obra que manifestan ter distintas teimas que lle dificultan algúns aspectos da súa vida diaria. Teimas está dirixida por Jouse García e conta no seu elenco con Nati Carbajal, Bea Del Río, Gonzalo Valcárcel, Clara Iglesias, María Porto, Guille Pose e Manu Rosende, o técnico de son é Miguel Ares e Servando realiza o apio loxístico. Todo un equipo que despide en Portas a xira de TEIMAS en 2016 con 14 representacións ao longo de toda Galicia. En 2017 volverá aos palcos con Teimas e con algunha que outra sorpresa, no entanto Portas segue a súa actividade de Nadal con múltiples actividades.







27.10.16

EN NOVEMBRO... TEIMAS!:::


TEIMAS continúa en carteleira e neste novo mes de novembro que se achega, DISFUNCIÓN CONTINUA TEATRO vai estar presente en tres novos auditorios de Galicia, neste caso as citas serán no Carballiño, Cerdedo e Aguiño (Ribeira) 
A obra TEIMAS xa pasou o ecuador das 10 representacións e segue sendo demandada, tendo previstas novas funcións tamén para decembro.
As citas que nos ocupan serán o 13 de novembro ás 19h no auditorio da vila do Carballiño dentro do certame "Terras de Orcellón", O Concello de Cerdedo, dentro da súa programación cultural, tamén contará con Teimas o próximo sábado 19 no auditorio do Centro Culural. E, finamente, a localidade de Aguiño, en Santa Uxía de Ribeira acolle unha función de TEIMAS o próximo 26 de novembro ás 20.30h no auditorio do Conservatorio da parroquia.
A pesar de ter novos proxectos en mente, DISFUNCIÓN CONTINUA TEATRO continúa a súa andaina co aclamado Dr Teixeiro, único que trata as "teimas" máis divertidas e inesperadas por todo o mundo.




7.6.16

VOLVE "ERAN OUTROS TEMPOS, OU NON?"

Un ano despois da última función de "Eran outros tempos, ou non?" volven os pupitres da nosa escola de nenas pero por un motivo moi especial, o XXX aniversario do IES VAL DO ASMA de Chantada. A función encádrase dentro dos actos conmemorativos desta efeméride e será no Auditorio desta vila luguesa este domingo 12 de xuño ás 19h.
Lembramos que esta obra, que Disfunción Continua Teatro representou en máis de 20 ocasións conta a historia de cinco mulleres que se reúnen diante do público para recordar algúns dos episodios escolares que marcaron as súas vidas. A obra xoga entre dous planos temporais; o actual e mais aquel inesquencible curso de 1956-1957 nunha escola de nenas. Escena a escena imos coñecendo as clases de matemáticas, relixión, ximnasia, formación cívica, labores, economía doméstica e revivindo as ensinanzas nos valores propios da época. As alumnas buscan recursos para memorizar e evitar ser reprendidas polos mestres, fan unha visita escolar á emisoralocal e mesmo reciben a visita do inspector. Dirixida por Jouse García, ten unha duración de 80 minutos