A obra Eran outros tempos, ou non de DISFUNCIÓN CONTINUA TEATRO forma parte do cartel de actividades culturais para esta primavera do Concello de Cerdedo. A función será o vindeiro sábado 15 de marzo ás 19.30h no Centro Cultural da localidade e a entrade terá un custo de 3€. Esta representación súmase á de "Welcome to Cuntis Ville" de Chumpa Teatro que subiron ás táboas do auditorio cercedense o pasado 22 de febreiro. A programación cultural da primavera complétase coa webserie "De volta ao rural" que foi o pasado día 8 de febreiro ou a proxección dos "Pitufos II" o día 15 e unha festa de Entroido este domingo día 2 de marzo. Esta semana toca cinema con "Aviones" e o 22 "Turbo".
Sem comentários:
Enviar um comentário