Moraña acolle este domingo 11 de maio a obra Eran outros tempos, ou non? de Disfunción Continua Teatro, que tan boa acollida está a ter por toda Galicia. A función comeza ás 20:30h na Casa da Cultura A.D.R. Castelao. A obra narra as peripecias dunha escola de nenas do ano 1954 desde unha perspectiva cómica e apta para todas as idades. Disfunción Continua estrea nesta representación dúas novas actrices: Sara Andújar e Guillermina Pose que substitúen a María Gaiteiro nos papeis de Dona Jacinta Linares, Sor Amelia e Lola. A semana pasada fixo o seu debut Beatriz del Río interpretando a Concha, papel que previamente representaba Sabela Magariños.
Esta función enmárcase dentro do ciclo de teatro promovido pola asociación Fervelleasverzas de Moraña, comezou o pasado día 4 con Chumpa Teatro e rematará o 18 cunha función da Escola Municipal de Teatro.
Sem comentários:
Enviar um comentário