9.11.15

Estrea de "Teimas" no Teatro Principal da Estrada:::

"Teimas" chega finalmente á vila da Estrada, será o vindeiro sábado 5 de decembro ás 21h no Teatro Principal. A obra ten unha duración aproximada de 75 minutos e non se recomenda para menores de 16 anos. Trátase dunha comedia de enredo que se desenvolve na consulta do Doutor Teixeiro e á que van chegando unha serie de personaxes con cadansua teima. Será capaz esta eminencia internacionalda psicoloxía de axudarlles? A conversa entre os seis pacientes que agardan polo afamado doutor derivará nunha tola interacción chea de humor coa que máis de un se ha sentir identificado. 
"Teimas" está dirixida por Jouse García e intervén o seguinte cadro actoral:

María Porto  -  Camila
Clara Iglesias  -  Branca
Beatriz del Río  -  María
Guillermina Pose  -  Lilí
Natalia Carbajal  -  Ana
Gonzalo Valcárcel  -  Fred
Manu Rosende  -  Axudante



Sem comentários:

Enviar um comentário