15.3.16

Teimas participa en POIO ESCENA o próximo 23 de abril ás 20.30h en Combarro:::

Un ano máis, Poio Escena volveu levantar o pano, durante o primeiro semestre de 2016 varias compañías da zona de Poio e de fóra mostrarán o seu bo facer sobre as táboas de distintos auditorios do municipio pontevedrés. A quenda de DISFUNCIÓN CONTINUA TEATRO será no próximo mes de abril, concretamente o sábado 23 ás 20.30h e no Auditorio da Comunidade de Montes de Combarro. A turística vila mariñeira acollerá TEIMAS, unha comedia de 80 minutos dirixida por Jouse García e interpretada por un elenco de 7 actores que contarán a historia da consulta do Doutor Teixeiro, un afamado psiquiatra que irá recibindo pacientes na procura dunha solución para as súas teimas.

Sem comentários:

Enviar um comentário