1.6.16

Acción solidaria con TEIMAS no Centro Cultural da A. C. A Pontevella en Reis (Teo):::

Este domingo, o local da Asociación Cultural A Pontevella, de Reis (Teo) acolle unha función moi especial de TEIMAS, Trátase dunha representación benéfica a favor dos Refuxiados Saharauis. Será ás 19.30h e as entradas están a venda en Calzados A Esquina da Estrada a un prezo de 5 euros.
A historia que nos conta TEIMAS lévanos á consulta do Doutor Teixeiro, lugar ao que van chegando unha serie de personaxes con cadansua teima. Será capaz esta eminencia internacionalda psicoloxía de axudarlles? A conversa entre os seis pacientes que agardan polo afamado doutor derivará nunha tola interacción chea de humor coa que máis de un se ha sentir identificado.

Sem comentários:

Enviar um comentário