7.6.16

VOLVE "ERAN OUTROS TEMPOS, OU NON?"

Un ano despois da última función de "Eran outros tempos, ou non?" volven os pupitres da nosa escola de nenas pero por un motivo moi especial, o XXX aniversario do IES VAL DO ASMA de Chantada. A función encádrase dentro dos actos conmemorativos desta efeméride e será no Auditorio desta vila luguesa este domingo 12 de xuño ás 19h.
Lembramos que esta obra, que Disfunción Continua Teatro representou en máis de 20 ocasións conta a historia de cinco mulleres que se reúnen diante do público para recordar algúns dos episodios escolares que marcaron as súas vidas. A obra xoga entre dous planos temporais; o actual e mais aquel inesquencible curso de 1956-1957 nunha escola de nenas. Escena a escena imos coñecendo as clases de matemáticas, relixión, ximnasia, formación cívica, labores, economía doméstica e revivindo as ensinanzas nos valores propios da época. As alumnas buscan recursos para memorizar e evitar ser reprendidas polos mestres, fan unha visita escolar á emisoralocal e mesmo reciben a visita do inspector. Dirixida por Jouse García, ten unha duración de 80 minutos


Sem comentários:

Enviar um comentário