22.8.13

Disfunción Continua participa este sábado na Mostra de Teatro Internacional de Palas de Rei

Hoxe xoves 22 comeza en PALAS DE REI  a XIV edición da MOSTRA DE TEATRO AMADOR DE PALAS DE REI. Nesta ocasión participarán 12 grupos galegos e portugueses, subindo ao escenario máis de 250 actores e actrices. Disfunción Continua presenta o sábado 24 ás 21h na Casa da Cultura ERAN OUTROS TEMPOS, OU NON? 

O sábado 7 de setembro entréganse os premios Mácara e Careón. O primeiro recoñece o labor de actores, directores, escritores ou calquera outro profesional ou persoa vinculada ao teatro a favor do teatro amador, amateur ou afeccionado e pola súa traxectoria teatral profesional. Consta dunha figura de cerámica orixinal deseñada e realizada pola artista Lourdes Matalobos. No ano 2006 creouse o PREMIO LITEARIO CAREÓN que leva o nome dun dos referentes do Concello de Palas de Rei e da Comarca da Ulloa o Monte Careón. Recoñece a traxectoria literaria dun escritor ou escritora en lingua galega. O “Premió Careón” entregouse na súa primeira edición á escritora ROSA ANEIROS. 

SON D’ ALDEA é unha actividade dinamizadora da cultura rural que procura amosala, proxectala e dignificala a través dunha xornada de participación activa da cidadanía que se achegue a Albá (Palas de Rei) nesa xornada festiva. Trátase dunha aproximación ás coordenadas sociais e culturais do rural no pasado, e dunha reflexión sobre novas vías de ruralidade no presente. Un recoñecemento á súa riqueza e á súa heteroxeneidade a través dun espectáculo teatral que transita por diferentes escenarios e que ofrece unha visión de diversos oficios; dun XANTAR con produtos elaborados por xente que traballa no rural na actualidade e dunha ROMARÍA tradicional que pechará este evento. Haberá tamén unha Mostra de artesanía alimentaria e outra de oficios artesáns, que pretenden amosar as novas formas da economía na aldea. Unha radiografía subxectiva da situación do rural cargada de emoción e sensibilidade e con vontade de reflectir a filosofía vital do ser humano que habita esa contorna. (www.sondaldea.com) 

Hoxe en día a MOSTRA DE TEATRO AMADOR DE PALAS DE REI- TEATRO NO CAMINO DE SANTIAGO é un referente dentro do panorama de teatro amador gale e pola mesma teñen pasado un amplo número de grupos galegos (Centro Dramático Vilalbés, TEATRO MUTANTE de Ourense, Candelexas de Noia, CASA HAMLET de A Coruña, PALIMOCO de Lugo, NOITEBRA de Marín, ACHADEGO de Lugo, Teatro A MACHINA de Ferrol, OQUETIQUEIRAS de Ferrol, Lohengrín Teatro de Vigo, O Trasno Novo Teatro de Vigo, etc.) e tamén do resto da península (LAPSUS TEATRO de Palencia, Compañía de Teatro Blas de Otero de San Sebastián de los Reyes - Madrid, COMPAÑIA COMARCAL 234 de Pedralba, Valencia, SKENE TEATRO de Gran Canaria, Ivencible Teatro de Villalpardo (Cuenca); Les Melies, de Pineda de Mar, etc.) e doutros países como TIPAR TEATRO de Porto (Portugal), a Compañía Cubana de Teatro Máscara Laroye ou “LA VUELTA” Grupo de Teatro de la Universidad Autonoma de QUERÉTARO, CONACULTA-FONCA (MEXICO).


PROGRAMA
XOVES, 22 DE AGOSTO: -OS QUINQUILLÁNS TEATRO (Brion) Presenta: O capricho do teatro (Montaxe ao redor da obra de Roberto Vidal Bolaño).
VENRES, 23 DE AGOSTO. -OBRADOIRO MUNICIPAL DE TEATRO DE PALAS DE REI (Lugo) Presenta: Comedia Bífida.
SÁBADO, 24 DE AGOSTO. -DISFUNCIÓN CONTINUA TEATRO (A Estrada). Presenta: Eran outros tempos, ou non?
DOMINGO, 25 DE AGOSTO. -GRUPO DE TEATRO A FIESTRA, (A Coruña). Presenta: O anel máxico.

XOVES, 29 DE AGOSTO: -TEATRO SOLIDARIO “AS INSUAS” (Muros). Presenta: UniverSOS ParaLELOS.
VENRES, 30 DE AGOSTO. -METÁTESE TEATRO (Palas de Rei). Presenta: Oniromancia.
SÁBADO, 31 DE AGOSTO. -GRUPO DE TEATRO FAS – QUE – FAS, DA FUNDACIÓN WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ (Cecebre). Presenta: Mesa para dous.
DOMINGO, 1 DE SETEMBRO. -FOLERPAS TEATRO (Laxe). Presenta: A raíña da escuma.

XOVES, 5 DE SETEMBRO. -GRUPO DE TEATRO AJIDANHA, de Idanha a Nova (Portugal) Presenta: Á deriva.
VENRES, 6 DE SETEMBRO. -ASOCIACIÓN CULTURAL E ARTÍSTICA “TI E MAIS EU TEATRO” (Ferrol) Presenta: Os seres míticos do bosque.
SÁBADO, 7 DE SETEMBRO. -ESPECTÁCULO ETNOGRÁFICO “SON D’ ALDEA” (Roteiro teatralizado que percorrerá diversos escenarios da aldea de Albá – Palas de Rei.)
Entrega do  8º PREMIO CAREÓN a  MANUEL C. NÚÑEZ SINGALA e do 13º PREMIO MÁCARA a PAULA CARBALLEIRA.
DOMINGO, 8 DE SETEMBRO -GRUPO DE TEATRO “ARGALLADAS” DA ASOCIACIÓN DE AMAS DE CASA SAN TIRSO DE PALAS DE REI. Presenta: A carreira do Manuel e Parellas. 




Sem comentários:

Enviar um comentário