O vindeiro domingo DISFUNCIÓN CONTINUA TEATRO ofrecerá unha nova función, desta volta na parroquia de Ouzande dentro do programa das festas. A actuación de ERAN OUTROS TEMPOS, OU NON? comeza ás 8 do serán e será baixo unha carpa. Prevese unha importante afluencia de público xa que a entrada é de balde e dous dos actores da compañía son desta parroquia estradense. Esta iniciativa cultural corre a cargo da Asociación Cultural A Fervenza de Ouzande. Proximamente Disfunción Continua Teatro fará novos pases na comarca da Estrada, participando no Festival de Teatro Afeccionado "Coto Manguelo" de Orazo o domingo 29 de setembro e no Teatro Principal da Estrada o 26 de outubro. Eran outros tempos, ou non? chegará tamén ao Teatro Daniel Cortezón de Ribadeo o sábado 28. Durante o outono a xira desta obra continúa por distintos puntos de Galicia.
Sem comentários:
Enviar um comentário