13.9.13

Disfunción Continua Teatro participa na VII Mostra Cotomanguelo de teatro o próximo domingo 29 ás 19:00h:::

Disfunción Continua continúa a súa xira coa obra ERAN OUTROS TEMPOS, OU NON?  desta volta na VII edición da MOSTRA COTOMANGUELO DE TEATRO que se celebra nesta parroquia estradense os días 27, 28 e 29 de setembro. A primeira das actuacións é o venres 27 ás 21:30H. coa Asociación Cultural PAPAVENTOS- ANDARVÍA TEATRO que representarán  “ A república de Gundián”. Xa no sábado haberá un intenso traxín teatral que comeza ás 21:00h. coa AULA DE TEATRO DA A.S.C. COTOMANGUELO que poñerá en escena O puchiño vermello, Os faladores e  Esta si que che é desgracia. Para rematar, Pablo Chichas e Miguel Guido presentan  Un inglés con mil parvadas. O último dos días é o domingo 29 de setembro, cando ás 19:00h. a nosa compañía represente Eran outros tempos, ou non? A organización corre a cargo da AsociaciónCultural Cotomanguelo quen agradece o apoio de Antonio latas e mailo Concello da Estrada.

Sem comentários:

Enviar um comentário