23.10.13

Disfunción Continua no certame de teatro amador da Estrada:::

Os días 25, 26 e 27 de outubro de 2013 o Teatro Principal da Estrada acolle unha mostra de teatro amador. O venres comeza a mostra con Bolboretas do grupo METÁTESE TEATRO de Palas de Rei, a función é ás 21h. DISFUNCIÓN CONTINUA TEATRO continúa o sábado á mesma hora con Eran Outros Tempos, ou non? As entradas para estas dúas funcións teñen un prezo simbólico e 2€. A mostra péchase o domingo con TEA-TREIRAS de Ponteareas coa obra Mulleres. A entrada a esta última función ten un prezo de 3€. 
Disfunción Continua Teatro continúa no mes de outubro a súa xira con novas funcións, o espectáculo Eran outros tempos, ou non? está protagonizado por cinco mulleres que recordan co público aqueles "outros tempos" nos que ían a unha escola de nenas, traendo á memoria os castigos físicos, as memorizacións sistemáticas ou as dobres morais, aspectos que nos fan reflexionar sobre a súa vixencia na actualidade. Esta peza teatral está tendo o favor do público, que recorda cancións e aprendizaxes memorísticas canda ás actrices.






Sem comentários:

Enviar um comentário