4.11.13

Riobó acolle este sábado unha función de ERAN OUTROS TEMPOS, OU NON?:::

O centro social da parroquia estradense de Riobó acollerá este sábado día 9 ás 20h unha representación da obra ERAN OUTROS TEMPOS, OU NON?, a última montaxe de Disfunción Continua Teatro. Esta fin de semana haberá unha dobre posibilidade de gozar con este espectáculo pois o día anterior, o venres 8, o Auditorio Municipal da Illa de Arousa acolle outra representación ás 21:30h.
Disfunción Continua xa leva tres funcións de Eran outros tempos, ou non? no municipio estradense con notable afluencia de público. A primeira foi en Ouzande, a segunda en Orazo e a terceira no Teatro Principal da Estrada.

Nesta obra, cinco mulleres reúnense diante do público para recordar algúns dos episodios escolares que marcaron as súas vidas. A obra xoga entre dous planos temporais; o actual e mais aquel inesquecible curso de 1956-1957 nunha escola de nenas. Escena a escena imos coñecendo as clases de matemáticas, relixión, ximnasia, formación cívica, labores, economía doméstica e revivindo as ensinanzas nos valores propios da época. As alumnas buscan recursos para memorizar e evitar ser reprendidas polos mestres, fan unha visita escolar á emisora local e mesmo reciben a visita do inspector.


Sem comentários:

Enviar um comentário