A Arousa acollerá a próxima función de DISFUNCIÓN CONTINUA TEATRO no auditorio insular, será o 8 de novembro ás 21:30h. Esta representación enmárcase dentro da xira que está a facer a compañía coa obra ERAN OUTROS TEMPOS, OU NON? que conta dun xeito cómico como era unha escola de nenas do franquismo relacionándoa coa situación actual do ensino. Este aspecto terá especial protagonismo na Arousa, onde a Comunidade Educativa da Illa está en pé de loita na defensa do Ensino Público.
Sem comentários:
Enviar um comentário