Este domingo, o grupo ponteareán Tea- treiras preséntanos “8 Mulleres”, obra teatral de Robert Thomas, estreada en París en 1961, e posteriormente levada ao cinema polo director francés F. Ozon a principios de 2000 por ser un texto de claro protagonismo feminino e tratarse dun texto flexible que permitía incluir momentos musicais e coreográficos, é dicir, unha montaxe de teatro musical. A trama de 8 Mulleres poderíase calificar como un thriler cómico, unha especie de comedia con trazos de novela de Agatha Christie, ou dunha película de Alfred Hitchock. A trama transcorre no gran salón dunha familia burguesa a principios dos anos sesenta do século XX. Nela, a confluencia inesperada dun crime maila presenza destas oito mulleres, cada unha delas cun secredo que ocultar, debuxa unha serie de conflitos, frustracións, idilios, paixóns, complexos..., que se desatan contrastando coa harmonía esperada nun ambiente de Nadal. As "8 mulleres" que compoñen o elenco da obra son Tensia Bautista, Tere Cuerpo,Teté García, Patricia Torres, Alba Amoedo, Ana Puente, Chefa Davila e Tere Toucedo.
A dirección correrá a cargo de Ana Puente.
Sem comentários:
Enviar um comentário