Este domingo día 9 de febreiro, ás 20h e no Auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo, DISFUNCIÓN CONTINUA TEATRO representará Eran outros tempos, ou non? Esta función enmárcase dentro da programación teatral do Concello de Vimianzo. En principio estaba previsto que fose Andaravía Teatro quen levase ás terras de Soneira a República de Gundián, pero por motivos internos da compañía esta función non se poderá representar, sendo substituída polo espectáculo que Disfunción ten en cartel.
As vindeiras "clases" da escola unitaria de nenas que representa Disfunción Continua Teatro serán en marzo nas localidades de Cerdedo, Vedra e Caminha.
Que conste que os motivos internos son por encaixes de bolillos laborais... non estamos enfadados entre nós! hahahaha
ResponderEliminarO de "motivos internos" dálle un aquel de misterio. Os enfados internos son impensables tendo en conta o ben que o pasades defendendo a República de Ghundián. E, se non, que llo pregunten aos peregrinos alemáns que se vos uniron á causa. HAHAAHAHAHAH
ResponderEliminar