13.10.14

Disfunción Continua no XVII MES DO TEATRO de Luou:::

Disfunción Continua Teatro participará no XVII MES DO TEATRO de Luou ofrecendo unha representación de ERAN OUTROS TEMPOS, OU NON? O vindeiro domingo 16 de novembro ás 18h. A mostra comeza o día 9 á mesma hora cunha comedia do "Obradoiro de teatro de adultos do Concello de Teo" titulada Nin rico nin morto. Na semana seguinte representarase a obra de Disfunción e o día 23 tamén ás 18h porase en escena As Fillas Bravas de Chévere. Os organizadores deste mes de teatro son a Asociación Cultural A Mámoa de Luou e contan coa colaboración do Concello de Teo.

Sem comentários:

Enviar um comentário