Eran outros tempos, ou non? será representada este domingo en Arca, Logo do éxito acadado en Luou dentro do Mes do Teatro, Disfunción Continua volve á Estrada, en concreto á parroquia de Arca. A función ten unha duración de 80 minutos aproximadamente.
Dirixida por Jouse García, conta no seu elenco con María Porto, Clara Iglesias, Beatriz del Río, Guillermina Pose, Sara Andújar, Natalia Carbajal, Alejandro Picallo, Manu Mougán e Manuel Rosende.
Con esta obra, o público retrocederá aos anos cincuenta. Cinco mulleres reúnense diante do público para recordar algúns dos episodios escolares que marcaron as súas vidas. A obra xoga entre dous planos temporais; o actual e mais aquel inesquencible curso de 1956-1957 nunha escola de nenas. Escena a escena imos coñecendo as clases de matemáticas, relixión, ximnasia, formación cívica, labores, economía doméstica e revivindo as ensinanzas nos valores propios da época. As alumnas buscan recursos para memorizar e evitar ser reprendidas polos mestres, fan unha visita escolar á emisora local e mesmo reciben a visita do inspector.
Sem comentários:
Enviar um comentário