O Auditorio Municipal de Salceda de Caselas acolle o próximo domingo 29 de marzo unha función teatral de Disfunción Continua Teatro. A xira de Eran outros tempos, ou non? chega á localidade para levar ao público aos anos 50, revivindo a educación franquista da man dos personaxes que compoñen a obra. O Auditorio Municipal ubícase no centro de Salceda, nun lateral da Casa do Concello. Disfunción Continua continuará de xira esta primavera, a seguinte función programada polo momento é para o 26 de xuño no Festival PoioEscena en Combarro.
Sem comentários:
Enviar um comentário