O Auditorio Municipal de Salceda de Caselas acolleu o pasado 29 de marzo a actuación de Disfunción Continua Teatro con "Eran outros tempos, ou non?" A vila do Caselas volveu atrás no tempo para revivir grazas ao teatro as vivencias dunha escola de nenas da época franquista. Humor, ironía e crítica déronse cita no Auditorio Salcedense, levantando o aplauso do público que entre risas coñeceu ou reviviu os métodos didácticos dos profesores doutros tempos, ou non.
Sem comentários:
Enviar um comentário