Dentro da programación do Poioescena 2015, o vindeiro venres 26 terá lugar a representación de "Eran outros tempos, ou non?" de Disfunción Continua Teatro. Será no auditorio da Comunidade de Montes de Combarro. A entrada custa 3€, existe a posibilidade de facerse cun bono por 15€ para ver todas as funcións da mostra. O espectáculo representarase na Comunidade de Montes de Combarro, sito na Rúa Maceira, 3.
Nesta obra revívese a educación franquista nunha escola de nenas no curso 1956-1957. Paseniñamente hanse coñecer as clases de matemáticas, relixión, ximnasia, formación cívica, labores, economía doméstica e revivindo as ensinanzas nos valores propios da época. Ten unha duración de 80 minutos e está dirixida por Jouse García. O elencocomponse dos seguintes actores e actrices: María Porto, Clara Iglesias, Beatriz del Río, María Gaiteiro, Sara Andújar, Natalia Carbajal, Alejandro Picallo, Manu Mougán e Manuel Rosende.
Sem comentários:
Enviar um comentário