16.9.15

Disfunción Continua estrea este sábado a súa nova obra, TEIMAS:::

O vindeiro sábado no Salón de Actos da Casa da Cultura de Antas de Ulla estréase Teimas, a nova obra de Disfunción Continua Teatro. Trátase dunha comedia na que un grupo de pacientes chegan á consulta dun prestixioso psicólogo, onde entablan conversa. A obra está dirixida por Jouse García e conta no seu elenco con: María Porto como Camila, Clara Iglesias no papel de Branca,  Beatriz del Río interpreta a María,  Guillermina Pose ponse no papel de Lilí,  Natalia Carbajal representa a Ana, Gonzalo Valcárcel é Fred e Manuel Rosende como Axudante. Teimas ten unha duración de 80 minutos e non está recomendada para maiores de 16 anos.

Sem comentários:

Enviar um comentário